Sunday 05 de May de 2024

O Concello publica a resolución definitiva das subvencións para entidades sociais por importe de case 100.000 euros


Un total de 47 asociacións recibirán fondos para gastos de funcionamento ou apoio aos seus programas, proxectos e actividades

Xa está dispoñible, na web municipal, a listaxe coa proposta de resolución definitiva das subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que concede o Concello da Coruña a través da concellaría de Benestar Social. O importe total das axudas suma 97.319 euros, que 47 asociacións da cidade poderán utilizar para levar a cabo as súas actividades ou proxectos de interese social no ano 2022.

A finalidade das subvencións é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social no ámbito dos servizos sociais, no termo municipal da Coruña, a realizar durante o ano 2023, por entidades de iniciativa social ou agrupacións de persoas, nas condicións que se establecen na Ordenanza Xeral de Subvencións da área de Benestar do Concello da Coruña.

O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é 97.319 euros e o importe máximo concedido para cada proxecto é de 2.782 euros. Cada entidade solicitou un proxecto como máximo.

As asociación que percibirán os fondos municipais son as seguintes:
● Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia
● Padre Rubinos
● Asperga
● Asociación Galega de Fibrosis Quística
● Fundación Érguete
● Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares
● Asociación Galega de Lupus
● Fundación Abrente
● Casco
● Asociación Párkinson Galicia A Coruña
● Afaco
● Asociación Galega de Hemofilia
● Asociación de Veciños Castrillón Urbanización Soto IAR
● Asociación Galega de Familias Numerosas
● Betanía de Jesús Nazareno
● Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril
● Asociación Agalure
● Agarimo
● Fundación Amigó
● Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
● Fundación ECCA
● ACEM
● Indaga
● Asociación Poten100mos
● Fundación Juan Soñador
● Agaela
● Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña
● Asociación Participa para a Inclusión Social
● AGA Ucrania

Acougo
● Ecos do Sur
● Fundación Autismo Coruña
● Instituto ICUS
● ALAS Coruña
● Asociación West Galicia
● Asociacion Socioeducativa para a Educación
● Bolboretas A Coruña Dragón Boat
● Down Coruña
● Federación Galega de Enfermidades Raras
● Asociación de Celíacos de Galicia
● ANEDIA
● Asociación Por Qué no Ayudar
● Solidariedade Internacional de Galicia
● ONG Viraventos
● Asociación SOS Racismo Galicia
● Yarama África Sociedade Cooperativa Galega
● ONGD Senvalos